ups, que pasou?

Tag : retrato

Nai

Miña nai sempre lle anda recriminando ao meu pai que poña orde nun “almacén-taller” que ten. O que non sabe ela é que eso é un decorado e meu pai leva anos atrezandoo. Antes de sacar esta fotografía miña nai dixo “Como me saques unha foto aquí mátote”. Non leva a amenaza adiante porque son o seu fillo, se foses ti, querido lector, ela sairía nos xornais…

Elisa de Carral

En Carral quedan tres tendas de roupa, unha pechou a semana pasada. Esta creo que comezou ala polo ano 1960 como me contou Elisa, a nai do dono deste negocio. Ela dí que ten 89 anos, eu non llo creo xa que ten a cabeza mellor ca miña e teño 35 anos. Gracias a Ariadna Silva polos consellos na edición da serie. Seguidea en en Instagram: @misspoint www.ariadnasilva.com