ups, que pasou?

Tag : bw

Nai

Miña nai sempre lle anda recriminando ao meu pai que poña orde nun “almacén-taller” que ten. O que non sabe ela é que eso é un decorado e meu pai leva anos atrezandoo. Antes de sacar esta fotografía miña nai dixo “Como me saques unha foto aquí mátote”. Non leva a amenaza adiante porque son o seu fillo, se foses ti, querido lector, ela sairía nos xornais…

Pasillo nos trasteiros dun edificio abandonado.

Pasillo cheo de auga dentro un edificio abandonado en Carral, as pintadas avisan de que non molles os pés, xa que podes morrer dun constipado. Alí non hai luz, non lles deu tempo a facer a instalación.   Continuará