ups, que pasou?

Category : retrato

Autorretrato (Trote)

Este días ando facendo fotografías de algo que me gusta moito. Deixáronme facer a foto fixa de Trote, a primeira película de Xacio Baño. Non vos podo ensinar moita cousa por aquí, xa que é cousa da productora facer públicas as imaxes. Pero o que si, vou poñer un autorretrato, que seguro que a productora non lle molesta. É un xénero que me gusta moito, o autorretrato, pena do modelo a retratar.

Nai

Miña nai sempre lle anda recriminando ao meu pai que poña orde nun “almacén-taller” que ten. O que non sabe ela é que eso é un decorado e meu pai leva anos atrezandoo. Antes de sacar esta fotografía miña nai dixo “Como me saques unha foto aquí mátote”. Non leva a amenaza adiante porque son o seu fillo, se foses ti, querido lector, ela sairía nos xornais…

Elisa de Carral

En Carral quedan tres tendas de roupa, unha pechou a semana pasada. Esta creo que comezou ala polo ano 1960 como me contou Elisa, a nai do dono deste negocio. Ela dí que ten 89 anos, eu non llo creo xa que ten a cabeza mellor ca miña e teño 35 anos. Gracias a Ariadna Silva polos consellos na edición da serie. Seguidea en en Instagram: @misspoint www.ariadnasilva.com

Alfonso Agra durante o espéctaculo Get Back de Eme2

Get Back

Un día cos compañeiros de Get Back    Esta semana fun a Ourense para ver o espectáculo Get Back de Eme2, invitáronme para que lles fixese unha sesión de fotos durante un ensaio. Foi un reto para min xa que era a primeira vez que facía algo así, sin ser un espectáculo no que estivese eu. E ainda por riba todos son actores son coñecidos e nun par de casos estos actores e actrices son como da familia, pero aproveitei que facian […]

Xelmirez

Diego Xelmirez, Arcebispo de Compostela Podería contarvos algo do misterioso Diego Xelmirez, primeiro arcebispo de Santiago, pero non sei nada máis do que sabe a wikipedia. Esta semana estiven gravando un programa con referencias historicas de Galicia e aparecia esta personaxe que interpretaba maxistralmente Federico Pérez. Gravamos no Mosteiro de Melón, marco espectacular, que para nos, ambientaba os inicios da construción da catedral de Santiago. Hai máis fotos ao arcebispo paro quédome con esta. Están editadas algo as cores e nada […]