ups, que pasou?

Category : paisaje

Non se ve un rabo

Agardábamos uns cantos no cume dun monte, cerca de Sabucedo, a que chegaran uns xinetes que foran mirar se vían algunha besta e decidir por onde ir. Cando chegou un deles, un rapaz novo que parecia que nacera enrriba dun cabalo, díxolle aos vellos do lugar, “Neste monte non se ve un rabo”. Así comezou un longo día en Sabucedo que remataba trinta e un kilometros máis tarde.    

Dos casas en Carral, A Coruña, y un edificio.

Casas en Carral na rúa Rosalía de Castro

Casas en Carral. Sempre estiveron aí, polo menos que eu recorde, non son tan vello nin levo tanto tempo vivindo en Carral, aínda que de novo, fai pouco, algún bico din sentado diante da porta dunha desas casas cando saia os domingo para ir a Discoteca Party. Fálovos de dúas casas que están metidas no medio de edificios altos, edificios que foron pensados por algún arquitecto para unha cidade pero acabaron construíndoos nunha vila pequena como Carral. Parece ser que Carral, […]

Localizando

Estes días ando gravando un especial para o nadal para a Televisión de Galicia. Ten o seu localizar, localizar para os que non saibades do que falo, é ir ver onde vas gravar. Encántame esta parte, sempre descubro sitios alucinantes que non coñecia, sempre hai alguén que nomea un lugar curioso e alí imos sen saber del,  neste programa xa van varios, entre eles Vilamarín e Santaballa, pero quero destacar Mélon, e en contreto o seu mosteiro. Xa sei que […]