ups, que pasou?

Category : fotografía

O broker de Suevos

Moito me gusta ir a Suevos, alí aí unha cetarea, gústame por eso, polo producto que hai, e tamén pola paisaxe. É unha paisaxe costeira-industrial, varias industrias están naquel anaco de costa, manchando e desfacendo aquela paisaxe, por iso me gusta. Na cetarea venden ameixas, mexillón, ostras e as veces teñen navallas. Procuro ir os domingos, hai pouca actividade xa que abren para a hostelería, que traballan cando os demáis folgamos. Os domingo está Pepe, do cal teño fotos na miña […]

Por que non tiras esa foto?

Ás veces teño as sensación de que hai imaxes que deberían ir directamente a papeleira, pero por algún motivo quedas atrapado e lles colles cariño, e por máis que as miras non sabes por que non as eliminas. Esta foto que vedes forma parte dunha serie de tres fotografías, é a última, case sempre me quedo coa última, nela vese cando xa estaba a piques de saír da escena o actor secundario, o home, seguido dunha muller que comparte xesto co […]

Alfonso Agra durante o espéctaculo Get Back de Eme2

Get Back

Un día cos compañeiros de Get Back    Esta semana fun a Ourense para ver o espectáculo Get Back de Eme2, invitáronme para que lles fixese unha sesión de fotos durante un ensaio. Foi un reto para min xa que era a primeira vez que facía algo así, sin ser un espectáculo no que estivese eu. E ainda por riba todos son actores son coñecidos e nun par de casos estos actores e actrices son como da familia, pero aproveitei que facian […]

Dos casas en Carral, A Coruña, y un edificio.

Casas en Carral na rúa Rosalía de Castro

Casas en Carral. Sempre estiveron aí, polo menos que eu recorde, non son tan vello nin levo tanto tempo vivindo en Carral, aínda que de novo, fai pouco, algún bico din sentado diante da porta dunha desas casas cando saia os domingo para ir a Discoteca Party. Fálovos de dúas casas que están metidas no medio de edificios altos, edificios que foron pensados por algún arquitecto para unha cidade pero acabaron construíndoos nunha vila pequena como Carral. Parece ser que Carral, […]

Xaime Quesada

Xaime Quesada Atopei un museo adicado a Xaime Quesada de casualidade. Estaba escondido dentro dun pazo,  o Pazo de Vilamarín na provincia de Ourense. Digoo por que non tiña nin idea que ese lugar fose un museo, nin o que alí se agochaba, unha gran cantidade de cadro do fantástico Xaime Queseda, artista galego de gran talento como mostra a sua obra. Cadros de gran formato, series abstractas, autorretratos e algunha esculturas metidos nun pazo.  Vou ter que ir máis […]

Xelmirez

Diego Xelmirez, Arcebispo de Compostela Podería contarvos algo do misterioso Diego Xelmirez, primeiro arcebispo de Santiago, pero non sei nada máis do que sabe a wikipedia. Esta semana estiven gravando un programa con referencias historicas de Galicia e aparecia esta personaxe que interpretaba maxistralmente Federico Pérez. Gravamos no Mosteiro de Melón, marco espectacular, que para nos, ambientaba os inicios da construción da catedral de Santiago. Hai máis fotos ao arcebispo paro quédome con esta. Están editadas algo as cores e nada […]

Actor de teatro sobre escenario. Teatro galego. Fotografía Marcos Pereiro.

Teatro

Hoxe cumprín 35 anos, un ano máis que o ano pasado sobre estas datas. Pasáronme cousas estupendas este ano, das mellores da miña vida das cales non vou falar aquí e agora delas, pero sí do teatro. Este ano tiven a sorte de participar na montaxe de Contraproducións O Tolleito de Inishmaan, foi unha gran experiencia tanto no persoal coma no profesional. Grandes compañeiros, onde incluo actores, actrices, técnicos, directores e xefes. Estivo xenial unha gran experiencia. Seguiremos en xaneiro para […]

Vista de edificios en Carral, A Coruña. Fotografía de Marcos Pereiro.

O meu primeiro post

Ola a todos, non sei a onde vai chegar isto, se perdurará no tempo ou quedará esquecida como moitas cousas que comezo e non as remato ou continúo. A idea desto é ir subindo fotos e quizais contarvos algo, non sei se a diario ou semanalmente ou de vez en cando pero sí podo decir que empezo hoxe.