ups, que pasou?

Category : fotografía

Non se ve un rabo

Agardábamos uns cantos no cume dun monte, cerca de Sabucedo, a que chegaran uns xinetes que foran mirar se vían algunha besta e decidir por onde ir. Cando chegou un deles, un rapaz novo que parecia que nacera enrriba dun cabalo, díxolle aos vellos do lugar, “Neste monte non se ve un rabo”. Así comezou un longo día en Sabucedo que remataba trinta e un kilometros máis tarde.    

Nai

Miña nai sempre lle anda recriminando ao meu pai que poña orde nun “almacén-taller” que ten. O que non sabe ela é que eso é un decorado e meu pai leva anos atrezandoo. Antes de sacar esta fotografía miña nai dixo “Como me saques unha foto aquí mátote”. Non leva a amenaza adiante porque son o seu fillo, se foses ti, querido lector, ela sairía nos xornais…

Fin do Camiño

So lle quedaban uns metros para chegar a praza do Obradoiro, antes sentou e descansou.

Bos e Xenerosos, O Couto, Ponteceso

Bos e Xenerosos

Onte domingo, na Aldea do Couto en Ponteceso entregaron os Premio Bos e Xenerosos, os premidado deste ano foron Ramón Villares, Uxia Senlle, Fundación Barrie, Concha Blanco, Xose Antonio Touriñan e eu mesmo. É sen dúbida o recoñecemento máis alto que nos deron ata hoxe, eu ainda estou emocionado. Foi un gran día que recollo nesta serie. Agardo que vos guste. Gracias Fundación Eduardo Pondal polo recoñecemento e por cargarnos ca responsabilidade de ter este galardón.  

Dodge

Camión de bombeiros abandonado no Concello de Carral.

Forum Gastronómico 17 en A Coruña

Pois puiden ir a cea do “Forum Gastronómico 17” da Coruña celebrada o luns 13 na Finca Montesqueiro. Fun cear, fun sen cámara, pero sí levei o movil e con él fixen esta foto na que sae o Shusiman e chef do restaurante Koy de Barcelona un autentico espectáculo.

Teatro, compañia Eme2 Emedous, espectáculo A noiva de don Quixote

Un día de ensaio ca compañia Eme2

O outro día o venres, fun a un ensaio dun novo espectáculo da compañía Eme2, están a piques de estrear un monólogo de Merce Castro “A noiva de Don Quixote”. Non vos podo contar de que vai, xa que son bastante malo facendo sinopses  e son capaz de contarvos que ao a final da obra ( %&”·)%”Q!#¬¢∞|“), e tampouco ven a nada contarvos o final. Chamáronme por se se lles podía facer fotos dos ensaios xa que quedaran contentos dunha reportaxe […]

Edificio abandonado Carral, A Coruña

Fotografía onde paso medo

Ruidos onde non hai nada Historias de como pasar medo nun edificio abandonado mentras queres facer fotografías. Onde vivo, un sitio pequeno, hai poucos anos construíse moito, sen control e filtro para o meu gusto, pensando que traería riqueza e prosperidade a un lugar onde non se vivía mal. Hoxe en día o que hai son un montón de edificios baleiros, ruinosos, moitos sen rematar, outros en estrutura e outros son un burato que nalgún tempo foron a idea de […]

Por alí, só sodes ir por alí.

Pasas un día, pasas outro e volves a pasar por alí, sen fixarte, tampouco é que teña nada especial, máis ben pode parecer un horror, con menos algún xornal galego de certa importancia fai un artigo que cada pouco repite, un edificio descascarillado, seis contenedores do lixo, unha sinal indicando a única dirección posible e unhas sabanas onde alguén soñou a noite anterior. Pero según o mires pode ter unha certa beleza, hai que miralo con cariño pero para min tena.

Meirama dende Carral un día calquera

A central térmica de Meirama está aí, detrás deses edificios, detras dese monte. Non se move, está quieta. Parece que nos observa pero dámoslle igual, ela bafexa día e noite sen parar o seu vapor mortal. O que vemos é vapor, unha gran nube de que sae da chimenea grande, o que apenas se ve, é que nos fai dano, o letal fume que sae da delgada chimenea.