ACERVO SANTA MARTA DE RIBARTEME

SANTA MARTA DE RIBARTEME

Texto: Federico Pérez

Fotografías: Marcos Pereiro

-Mamá, de onde vimos?

-Do lugar ao que habemos de volver, miña filla.

-…

A morte hai que honrala, se cabe, máis do que honramos a vida. De onde eu son, din os vellos que a morte hai que tela contenta para cando nos toque ir. En Galicia celebramos a morte como non se celebra en moitos outros lugares. Quen foi a un velatorio dos que se facían antes nas casas sabe do que falo. Por veces, parece unha festa. E que se fai nas festas? Celebrar. Miña avoa dicía que non lle tiña medo á morte. “A morte sabemos que, un día ou outro, chega. A vida pode dar moito máis medo”.

En Ribarteme mestúrase a vida, a morte, a enfermidade, a curación, a fe, a desesperación, as crenzas, o pagán, … A Santa Marta acoden miles e miles de devotos agardando un milagre, un milagre coma o que se obrou para que Lázaro volvese á vida. O que esperan oír mulleres e homes na súa desesperación é «levántate e anda».

Por iso se honra a morte en Galicia, porque forma parte da vida. En poucos lugares do mundo conviven o vivir e o morrer coma aquí: a Santa Compaña, os aparecidos, as ánimas que vagan esperando que a súa penitencia sexa resolta,…

Memento, homo, quia pulvis es, et in pulverem reverteris.

ups! perdoa, se quixeras algunha imaxe, ponte en contacto conmigo a través de email