ups, que pasou?

Monthly Archives: Xullo 2017

Non se ve un rabo

Agardábamos uns cantos no cume dun monte, cerca de Sabucedo, a que chegaran uns xinetes que foran mirar se vían algunha besta e decidir por onde ir. Cando chegou un deles, un rapaz novo que parecia que nacera enrriba dun cabalo, díxolle aos vellos do lugar, “Neste monte non se ve un rabo”. Así comezou un longo día en Sabucedo que remataba trinta e un kilometros máis tarde.