ups, que pasou?

Monthly Archives: Maio 2017

Nai

Miña nai sempre lle anda recriminando ao meu pai que poña orde nun “almacén-taller” que ten. O que non sabe ela é que eso é un decorado e meu pai leva anos atrezandoo. Antes de sacar esta fotografía miña nai dixo “Como me saques unha foto aquí mátote”. Non leva a amenaza adiante porque son o seu fillo, se foses ti, querido lector, ela sairía nos xornais…

Fin do Camiño

So lle quedaban uns metros para chegar a praza do Obradoiro, antes sentou e descansou.

Bos e Xenerosos, O Couto, Ponteceso

Bos e Xenerosos

Onte domingo, na Aldea do Couto en Ponteceso entregaron os Premio Bos e Xenerosos, os premidado deste ano foron Ramón Villares, Uxia Senlle, Fundación Barrie, Concha Blanco, Xose Antonio Touriñan e eu mesmo. É sen dúbida o recoñecemento máis alto que nos deron ata hoxe, eu ainda estou emocionado. Foi un gran día que recollo nesta serie. Agardo que vos guste. Gracias Fundación Eduardo Pondal polo recoñecemento e por cargarnos ca responsabilidade de ter este galardón.  

Elisa de Carral

En Carral quedan tres tendas de roupa, unha pechou a semana pasada. Esta creo que comezou ala polo ano 1960 como me contou Elisa, a nai do dono deste negocio. Ela dí que ten 89 anos, eu non llo creo xa que ten a cabeza mellor ca miña e teño 35 anos. Gracias a Ariadna Silva polos consellos na edición da serie. Seguidea en en Instagram: @misspoint www.ariadnasilva.com

O Tolleito en Cangas, galeria actualizada

Este fin de semana estivemos en Cangas co Tolleito de Inishmaam hai vai a actualización da galeria O Tolleito entre bambalinas. Poño o link un pouco máis abaixo.     O Tolleito de Inishmaan – entre bambalinas