ups, que pasou?

Un día de ensaio ca compañia Eme2

Teatro, compañia Eme2 Emedous, espectáculo A noiva de don Quixote

O outro día o venres, fun a un ensaio dun novo espectáculo da compañía Eme2, están a piques de estrear un monólogo de Merce Castro “A noiva de Don Quixote”. Non vos podo contar de que vai, xa que son bastante malo facendo sinopses  e son capaz de contarvos que ao a final da obra ( %&”·)%”Q!#¬¢∞|“), e tampouco ven a nada contarvos o final.

Chamáronme por se se lles podía facer fotos dos ensaios xa que quedaran contentos dunha reportaxe que lles fixen no mes de Decembro do espectáculo Get Back, e desta fágolles a reportaxe dende o proceso dos ensaio ata que está a montaxe completa. Subo unha foto, non conta moito e deixo que imaxinedes de que vai. Estrea o próxima día 10 en Narón máis info aquí.

About the photo:

A foto é unha larga exposición, é un tipo de foto que me gusta moit facer, xa que non é so darlle ao disparador. Vouvos contar como fixen. Coloquei o trípode, con maior ou menor fortuna, medín a exposición, aqui poderíamos discutir a onde, eu mido as altas luces e a unha zona media, e de aí deixo a exposición na metade destas dúas, pero eso sí quero uns trinta segundos para ter tempo a facer o que fago, esta en concreto ten 37″, f/20 e ISO 100, pero para que o suxeito que se move e vai deixar as formas, fanme falta uns 4″, entón inicio a exposición e vou tapando o obxetivo con algo, neste caso ca man e o puño do xersei. Cando vexo que pasaron os 4″ tapo o obxetivo e agarda a que se mova e destapa así uns catro veces, non máis xa que así queimaría as zonas altas de luz.

Fixen varías deses estilo, esta non é a mellor, esa reservou para eles. Un saudos grande.

Deixa un comentario