ups, que pasou?

Fotografía onde paso medo

Edificio abandonado Carral, A Coruña

Ruidos onde non hai nada

Historias de como pasar medo nun edificio abandonado mentras queres facer fotografías.

Onde vivo, un sitio pequeno, hai poucos anos construíse moito, sen control e filtro para o meu gusto, pensando que traería riqueza e prosperidade a un lugar onde non se vivía mal. Hoxe en día o que hai son un montón de edificios baleiros, ruinosos, moitos sen rematar, outros en estrutura e outros son un burato que nalgún tempo foron a idea de ser un edificio. Estas construcións das que vos falo, nunca se van rematar, van quedar como esqueletos que se converteran en fósiles que ninguén vai querer tocar.
Hai moitos edificios destes en Carral, pero hoxe vou falarvos dun. É grande, enorme, ocupa o que en New York lle chama unha mazá e en Bos Aires unha cuadra, é grande, enorme e está sen rematar, hai un par de anos tabicaron con ladrillo para desacelerar a ruína que pode provocar un inverno aquí, pero só tabicaron e está sen ventás e portas.

Man escura nun edificio abandonado en Carral, A Coruña

Como entrar

O garaxe está aberto e pódese acceder sen forzar nada, eu nunca tal cousa faría. Unha vez dentro o primeiro que ves é que non es o único afeccionado a entrar en lugares así, máis ben ves que son moitos os que entran alí e que o pasan ben. Eu no meu caso non, eu non o paso tan ben, paso máis ben medo, entro alí sempre ca idea de que aquí non pasa nada, poño o trípode, estírolle as patas, unha a unha, sen facerlle caso aos ruídos que escoito a pesar de levar postos cascos, apago a música, efectivamente o ruído que acabo de escoitar non o escoitei, sigo estirando as patas do trípode, sigo escoitando cousas.

Pero tranquilo, é o meu cerebro grazas aos videoxogos e ás películas de Jaume Balagueró e Paco Plaza (REC), que me encantan pero vese que para situacións destas acórdome deles, das cousas que se lle ocorren e de paso dalgún familiar deles.

Que é como a fixen, que me lio.

Edificio abandonado Carral

Pero non pasa nada, vou cunha lanterna, unha LedLenser, e ten luz, con ela podo ver onde hai escuridade e de paso axudarlle a miña cámara a coller foco e encadrar. Pero non queda aí o uso da lanterna, con ela vou pintando cada espazo, onde estaba escuro vou pintando con luz, un pouco aquí, outro pouca alá, a baixada ao segundo soto, o fondo, onde aínda está o antigo vestiario dos obreiros que se ve que os avisaron dun día para outro que “maña aquí non se traballa”, vese que debeu ser así a última hora que nin tempo lles dou para recoller a roupa.
O lugar está morto e abandonado, e aínda así parece que ten vida.

Deixa un comentario