ups, que pasou?

Monthly Archives: Febreiro 2017

Pasillo nos trasteiros dun edificio abandonado.

Pasillo cheo de auga dentro un edificio abandonado en Carral, as pintadas avisan de que non molles os pés, xa que podes morrer dun constipado. Alí non hai luz, non lles deu tempo a facer a instalación.   Continuará

Edificio abandonado Carral, A Coruña

Fotografía onde paso medo

Ruidos onde non hai nada Historias de como pasar medo nun edificio abandonado mentras queres facer fotografías. Onde vivo, un sitio pequeno, hai poucos anos construíse moito, sen control e filtro para o meu gusto, pensando que traería riqueza e prosperidade a un lugar onde non se vivía mal. Hoxe en día o que hai son un montón de edificios baleiros, ruinosos, moitos sen rematar, outros en estrutura e outros son un burato que nalgún tempo foron a idea de […]

Por alí, só sodes ir por alí.

Pasas un día, pasas outro e volves a pasar por alí, sen fixarte, tampouco é que teña nada especial, máis ben pode parecer un horror, con menos algún xornal galego de certa importancia fai un artigo que cada pouco repite, un edificio descascarillado, seis contenedores do lixo, unha sinal indicando a única dirección posible e unhas sabanas onde alguén soñou a noite anterior. Pero según o mires pode ter unha certa beleza, hai que miralo con cariño pero para min tena.

Meirama dende Carral un día calquera

A central térmica de Meirama está aí, detrás deses edificios, detras dese monte. Non se move, está quieta. Parece que nos observa pero dámoslle igual, ela bafexa día e noite sen parar o seu vapor mortal. O que vemos é vapor, unha gran nube de que sae da chimenea grande, o que apenas se ve, é que nos fai dano, o letal fume que sae da delgada chimenea.