ups, que pasou?

Por que non tiras esa foto?

Ás veces teño as sensación de que hai imaxes que deberían ir directamente a papeleira, pero por algún motivo quedas atrapado e lles colles cariño, e por máis que as miras non sabes por que non as eliminas.

Esta foto que vedes forma parte dunha serie de tres fotografías, é a última, case sempre me quedo coa última, nela vese cando xa estaba a piques de saír da escena o actor secundario, o home, seguido dunha muller que comparte xesto co home. É unha parvada pero sen estas dúas imaxes a terceira non ten sentido, con elas segue sen telo, pero gústame, para min sae representado ese instante no que non pasa nada e parece que o conta todo. Irían ao médico ou ao supermercado? Quizais irían visitar unha veciña ou un familiar? O caso é que aí van cara algún lugar un detrás do outro.

 

 

Deixa un comentario