ups, que pasou?

Monthly Archives: Xaneiro 2017

O broker de Suevos

Moito me gusta ir a Suevos, alí aí unha cetarea, gústame por eso, polo producto que hai, e tamén pola paisaxe. É unha paisaxe costeira-industrial, varias industrias están naquel anaco de costa, manchando e desfacendo aquela paisaxe, por iso me gusta. Na cetarea venden ameixas, mexillón, ostras e as veces teñen navallas. Procuro ir os domingos, hai pouca actividade xa que abren para a hostelería, que traballan cando os demáis folgamos. Os domingo está Pepe, do cal teño fotos na miña […]

Por que non tiras esa foto?

Ás veces teño as sensación de que hai imaxes que deberían ir directamente a papeleira, pero por algún motivo quedas atrapado e lles colles cariño, e por máis que as miras non sabes por que non as eliminas. Esta foto que vedes forma parte dunha serie de tres fotografías, é a última, case sempre me quedo coa última, nela vese cando xa estaba a piques de saír da escena o actor secundario, o home, seguido dunha muller que comparte xesto co […]