ups, que pasou?

Get Back

Alfonso Agra durante o espéctaculo Get Back de Eme2

Un día cos compañeiros de Get Back   

Esta semana fun a Ourense para ver o espectáculo Get Back de Eme2, invitáronme para que lles fixese unha sesión de fotos durante un ensaio. Foi un reto para min xa que era a primeira vez que facía algo así, sin ser un espectáculo no que estivese eu. E ainda por riba todos son actores son coñecidos e nun par de casos estos actores e actrices son como da familia, pero aproveitei que facian un pase de texto, xa vestidos, para poder facer fotos dende o escenario.

Momento da primeira escena do espectáculo Get Back de Eme2

Ten o seu aquel, hai que facelo sen molestar, sen que se note moito que estás alí. É unha sensación estraña xa que eles, os actores, “fan que fan” sendo alleos a que os espectadores estamos observandoos dende as nosas butacas, pero neste caso eu estaba alí, naquel vagón, vendo de cerca cada detalle das súas interpretacións. Había un elemento alleo naquel vagón, pero fixeron como que non o vían, sen dúbida grandes actrices e actores. No eido fotográfico este tipo de fotografía encántame xa que cho dan todo feito, os técnicos e deseñadores de luz deixan as luces sempre onde teñen que estar. Ti só tes que facer un par de medicións e xogar despois co diafragma. É pura streetphoto.

Merce Castro en Get Back, Eme2. Teatro Galego.

Neste espectáculo sucede todo no metro de Londres -alí chámanlle underground-. Quedan atrapados por  unha incidencia e decátanse de que todos son galegos e zombies e só pode quedar un, que será o que coma o último cacho de empanada que queda nunha bolsa que está dende o principio da obra nun asento do vagón. Non vos quero destripar nada máis nin facer ningún spoiler, só recomendarvos que vaiades vela.  Está xenial e son todos uns monstruos da interpretación. No 2017 seguirán xirando pola vilas e cidades galegas.

Pulsa aquí para ver toda a galeria na miña sección de proxectos.

Merce Castro durante o quencemento de Get Back

 

Pois iso, que ir ao teatro é unha forma estupenda de despedir o ano. Se non vos escribo antes, deséxovos un bo 2017 a todos e todas.

Alfonso Agra durante o espéctaculo Get Back de Eme2

 

 

 

 

Deixa un comentario