ups, que pasou?

Casas en Carral na rúa Rosalía de Castro

Dos casas en Carral, A Coruña, y un edificio.

Casas en Carral.

Sempre estiveron aí, polo menos que eu recorde, non son tan vello nin levo tanto tempo vivindo en Carral, aínda que de novo, fai pouco, algún bico din sentado diante da porta dunha desas casas cando saia os domingo para ir a Discoteca Party. Fálovos de dúas casas que están metidas no medio de edificios altos, edificios que foron pensados por algún arquitecto para unha cidade pero acabaron construíndoos nunha vila pequena como Carral.

Parece ser que Carral, nalgún tempo, era un lugar de casas baixas, como moito de tres pisos cun certo aire colonial, lugar de paso e comercio, a 20km de Coruña e a 20km de Ordes, todas estas casas baixas, salgo algunha excepción desapareceron, foi relegado por moles de formigón e mal gusto, onde por desgraza pasamos de coñecer a tódolos veciños a saudar a descoñecidos agardando ou coincidindo o ascensor.

Casa en Carral, A Coruña. El cielo lleno de nubes en blanco y negro.
Estas casas das que vos falo, resisten ben os ano, teñen identidade, as que xa non están non volverán, e as que quedan é difícil retratalas obviando o que teñen ao seu carón.

Coming soon.

En breve abrirei un apartado na páxina que se chamará “proxectos” ou algo así. A idea é ir explorando ca narrativa das imaxes, e tentar contar algo con máis dunha fotografía.

Contádeme algo se tedes tempo. Un saúdo.

Dos casas en Carral, A Coruña, y un edificio.

Un comentario en “Casas en Carral na rúa Rosalía de Castro”

Deixa un comentario