ups, que pasou?

Xelmirez

Diego Xelmirez, Arcebispo de Compostela

Podería contarvos algo do misterioso Diego Xelmirez, primeiro arcebispo de Santiago, pero non sei nada máis do que sabe a wikipedia. Esta semana estiven gravando un programa con referencias historicas de Galicia e aparecia esta personaxe que interpretaba maxistralmente Federico Pérez. Gravamos no Mosteiro de Melón, marco espectacular, que para nos, ambientaba os inicios da construción da catedral de Santiago. Hai máis fotos ao arcebispo paro quédome con esta. Están editadas algo as cores e nada máis.

Xelmirez

Deixa un comentario