ups, que pasou?

Localizando

Estes días ando gravando un especial para o nadal para a Televisión de Galicia. Ten o seu localizar, localizar para os que non saibades do que falo, é ir ver onde vas gravar. Encántame esta parte, sempre descubro sitios alucinantes que non coñecia, sempre hai alguén que nomea un lugar curioso e alí imos sen saber del,  neste programa xa van varios, entre eles Vilamarín e Santaballa, pero quero destacar Mélon, e en contreto o seu mosteiro. Xa sei que aquí, en España, houbo a desarmortización de Mendizabal e esa cousas  que  me contaron no instituto,  pero dame vergonza que lugares coma este estén nesa situación, en pseudo rehabilitación e caendo. Non me quero liar, pero quero decir que ese lugar, o mosteiro de Melón deixoume impresionado, ten un encanto, unha tristura, un desasosego non me vin capaz de plasmalo en imaxe, prometo volver e intentalo.

071216001 0712161907121696 07121687071216101  071216107

Deixa un comentario