ups, que pasou?

Teatro

Actor de teatro sobre escenario. Teatro galego. Fotografía Marcos Pereiro.

Hoxe cumprín 35 anos, un ano máis que o ano pasado sobre estas datas. Pasáronme cousas estupendas este ano, das mellores da miña vida das cales non vou falar aquí e agora delas, pero sí do teatro. Este ano tiven a sorte de participar na montaxe de Contraproducións O Tolleito de Inishmaan, foi unha gran experiencia tanto no persoal coma no profesional. Grandes compañeiros, onde incluo actores, actrices, técnicos, directores e xefes. Estivo xenial unha gran experiencia. Seguiremos en xaneiro para seguir actuando por Galicia adiante, o que me da realmente pena e non podela ver eu.

A imaxe saqueina durante os ensaios que fixemos na Illa de Arousa, sen trípodes nin nada, so cos meus brazos forte que poden ca cámara.

4th movement

Deixa un comentario