ups, que pasou?

O meu primeiro post

Vista de edificios en Carral, A Coruña. Fotografía de Marcos Pereiro.

Ola a todos, non sei a onde vai chegar isto, se perdurará no tempo ou quedará esquecida como moitas cousas que comezo e non as remato ou continúo. A idea desto é ir subindo fotos e quizais contarvos algo, non sei se a diario ou semanalmente ou de vez en cando pero sí podo decir que empezo hoxe.

Andrés cas suas zapatillas que emiten luz

Levo anos facendo fotos, recordo con 5-6 anos, en Alemaña onde nacín, o meu veciño, o fotógrafo da vila, pediume que movese unha tina que cheiraba a vinagre nunha habitación semioscura só iluminada por unha tenue luz vermella. E boom! Alí apareceu o retrato dunha moza nun anaco de papel que facía uns segundos era branco sen nada nel. Recordo ese momento como un dos importantes na miña vida e dende ese momento o acto fotográfico é parte do que son.

Atardecer do domingo do 4 de Decembro de 2016

O caso é que pretendo subir fotografías a traves deste blog e dese xeito ir actualizando de contido a páxina. Vos comentade se queredes ou o vedes a ben a min faime ilusión.

Non me enrrollo que como iredes vendo o meu non é expresarme a traves da escrita.

Un saudo a tod@s.

Ao sair da casa

11 comentarios en “O meu primeiro post”

  1. Ei, Marcos! Parabéns por poñer a andar o blog. Será un pracer ir vendo as fotos que poñas, e tamén os comentarios sobre elas. E a propósito diso, gústanme moito a das casas e a do solpor (ou alborada?) que hai nesta entrada; por que non comentas algo sobre elas? Grazas.

  2. Mirar por outros ollos, sensacións , lugares nunca vistos, ou simplemente un amencer , é algo moi de agradecer….adiante…..seguirémoste..

Deixa un comentario